jueves, 8 de marzo de 2018

8 DE MARZO DIA DA MULLER

Os nenos e nenas de 3º celebramos o Día da Muller lembrándonos dunha loitadora que busca a paz, a xustiza e o respeto para o seu pobo. Falamos de Rigoberta Menchú. E para que tod@s coñezades un pouquiño máis a esta admirable muller, elaboramos un mural explicativo.

ROSALIA DE CASTRO

Un ano máis lembramos, o 24 de febrero, o nacemento da nosa ilustre galega Rosalía de Castro. Ademais de ler algún dos seus fermosos poemas, e para tela sempre no noso recordo, fixemos uns marcapáxinas que nos acompañarán na nosa viaxe polas historias máis fermosas que podemos atopar nos libros.